Site icon Crónica3.com A Mariña

A libraría Bahía celebra as xornadas ‘Cuestinándomos’

Foz, 6 de novembro, 2022. Os vindeiros días xoves 10 de novembro e venres 11 de novembro na libraría Bahía celebramos as xornadas Cuestinándomos coas que pretendemos reflexionar sobre algúns temas centrais da nosa sociedade como é a vivenda e o modelo de progreso no que cremos. Para iso contamos coa participación de persoas que levan tempo reflexionando e traballando nestes temas.

Unha proxección audiovisual o xoves que dirixiu Marisé Fernández, traballadora social actualmente exercendo no Centro de Saúde de Foz e que contará coa presencia da arquitecta Carlota Eirós instalada e desenvolvendo os seus proxectos actualmente en Rinlo.

Presentación de libros e coloquio o venres da man de tres persoas implicadas desde diferentes ámbitos nun desenvolvemento social máis xusto e solidario.

Xoves día 10 de novembro 20:30h.

Proxección do documental  A vivenda… un ben social?
Coloquio coa súa directora, Marisé Fernández e coa arquitecta Carlota Eirós
Venres día 11 de novembro 20:30h.

Qué progreso?

Coloquio con Gustavo Duch,  Jeromo Aguado autores de Cuentos del progreso, Conversaciones con el pastor e Pilar Rodríguez, autora do libro de relatos Vivir en modo mayor.

Gustavo Duch é licenciado en veterinaria. Logo de varios anos como director Veterinarios sin Fronteras, actualmente coordina  a revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas, é autor ademáis de varias obras sobre o modelo de produción alimentaria e o papel da xente para cambiar a situación actual.

Jeromo Aguado é pastor e activista. Líder de diversas  inciativas cara un cambio de modelo na nosa relación coa terra e có xeito de producir os alimentos.

Pilar Rodríguez é educadora e escritora, actualmente dirixe un centro especial de emprego dedicado á reciclaxe.

O venres 11 de novembro, ademáis, celebramos o Día das Librarías, e durante todo o día os libros terán un 10% de desconto.

Exit mobile version