Este episodio da historia era pouco coñecido, a pesar de que foi xa investigado e viu a luz como documental de RTVE e foi tratado en varios artigos de historiadores galegos e cubanos. Este feito levou á escritora a tomar a decisión de dalo a coñecer como ficción, aínda que baseada na realidade, co obxectivo de que quede no imaxinario común. O alumnado de 1º de Bacharelato tivo ocasión de conversar coa novelista que aclarou dúbidas e explicou a novidosa estrutura narrativa da obra na que se mesturan distintas voces que contan as pasaxes máis duras da experiencia daqueles rapaces de entre 16 e 25 anos que viaxaron a Cuba buscando un futuro mellor e atoparon unha vida de escravitude.