Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación apoia a Foliada da Fonsagrada porque converte a riqueza cultural nunha oportunidade económica para o rural

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto ao Alcalde fonsagradino, Carlos López, e Jorge López Álvarez, representante da asociación organizadora, Peta Pouco e a Destempo, participou na presentación desta sempre concorrida cita coa música e o baile tradicional, que terá lugar do 8 ao 10 de decembro

Lugo, 24 de novembro de 2022. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na presentación da VII Foliada da Fonsagrada organizada pola asociación Peta Pouco e a Destempo. A Casa do Concello acolleu este acto no tamén participaron o Alcalde fonsagradino, Carlos López, o primeiro tenente de Alcalde, José Ángel Fernández; a concelleira de Cultura, Turismo, Educación e Formación, María del Mar Testa; e os representantes da asociación organizadora, Jorge López, Ángel Gegundez e Adrián Méndez.

Rivera Capón destacou a traxectoria deste evento que se celebrará do 8 ao 10 de decembro na Fonsagrada, porque, “en pouco tempo, converteuse nun éxito rotundo, e dende hai xa varios anos é todo un acontecemento cultural e social que reúne a milleiros de persoas chegadas de toda a provincia, de Galicia e de Asturias”. Durante as tres xornadas, nas que haberá música, obradoiros e distintas actividades culturais “darase valor ao noso patrimonio inmaterial vinculado ás nosas raíces, a nosa música e a nosa danza tradicionais”, destacou o Deputado.

Este evento consigue “recuperar e poñen en valor as tradicións da montaña lucense e converter toda esa riqueza cultural nunha oportunidade económica para o rural”, asegurou Pablo Rivera. “Un obxectivo co que estamos plenamente comprometidos na Deputación, porque cremos, e a realidade así o demostra, que o noso rural, concellos como A Fonsagrada, están cheos de ideas, de boas iniciativas, de proxectos, que o que necesitan é apoio, colaboración, para saír adiante”, sinalou.

A Deputación de Lugo colabora na difusión desta cita a través do Servizo de Audiovisuais da institución provincial. Dende o seu nacemento trátase dunha cita na que se homenaxea aos músicos fonsagradinos. Na sétima edición, terá como protagonista a Ramón do Chiculateiro, gaiteiro da aldea de Fumallor.

O programa
Xoves, 8 de decembro
11:00 horas: Roteiro polas montañas
16:00 horas: Obradoiro de Empalletado de Pepe Vaamonde
16:00 horas: Obradoiro de Baile dos Ancares con Artur Puga e Martín Mondragón
21:30 horas: Butelada popular

Venres, 9 de decembro
11:00 horas: Teatro infantil Martín Balteira, a bailadora primeira
13:00 horas: Vermú Polavileiro con PanSenFron
18:00 horas: Presentación da Foliada con Clo Plas
19:00 horas: Presentación do disco O ronsel do meu sentir
21:30 horas: Concertos: Comando Curuxás, De Ninghures, Ailá

Sábado, 10 de decembro
11:00 horas: Apertura da Feira de Artesanía
12:00 horas: Cantos de Taberna
17:00 horas: Obradoiro de baile con Miguel Pardo
21:30 horas: Concertos: Algaire, Banda das Crechas e colaboraciois e Terrae

Exit mobile version