Ribadeo, 24 de novembro de 2022. Hoxe, e continuando coa campaña Ribadeo contra a Violencia Machista: antes, agora e sempre, a concelleira de Igualdade e deputada responsable da Área de Medio Rural e do Mar, Mónica Freire, fixo entrega no Concello á Cooperativa Rural Galega CLUN, de Ribadeo, de diferentes elementos da devandita campaña.
Freire Rancaño subliñou que “coa achega deste material o Concello de Ribadeo colaborará con esta entidade nas diferentes accións previstas pola cooperativa para reiterar o seu compromiso na loita por unha sociedade máis igualitaria exenta de violencia de xénero”. O material entregado hoxe foi facilitado pola Deputación de Lugo e polo Concello de Ribadeo.
Desde a Cooperativa de Ribadeo distribuirase entre todas as persoas do seu equipo o material recolleito para poder levar a cabo, entre outras accións, unha concentración o este venres, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.