Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza da mesa local de coordinación interinstucional contra a violencia de xénero de Ribadeo

Ribadeo, 18 de outubro de 2022. Os integrantes da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero reuniranse hoxe, 18 de outubro, no salón de plenos do Concello. Na xuntanza, darase conta das accións desenvolvidas nos últimos meses e as iniciativas que se van a levar a cabo ao longo deste último trimestre do ano 2022.

Ao encontro asistirá a concelleira de Igualdade, Mónica Freire Rancaño, e representantes das diferentes institucións e departamentos implicados na resolución dos casos de violencia contra as mulleres.

A edil ribandese sinala que “a finalidade principal destas reunións é establecer unha coordinación fluída, programas comúns e establecer pautas de actuación ante estas situacións, partindo das competencias propias de cada área”.

Exit mobile version