Site icon Crónica3.com A Mariña

Volveu ao seu país a familia ucraína chegada a Ribadeo en maio. A parella acolledora agradece o apoio recibido

Ribadeo, 15 de outubro de 2022. Volveu ao seu país a familia ucraína chegada a Ribadeo a principios do pasado mes de maio. A parella acolledora agradece o apoio recibido.

A nai ucraína xunto a seis nenas e nenos con idades comprendidas entre os 2 e os 14 anos chegou a Ribadeo o pasado mes de maio fuxindo da guerra no seu país. Na localidade pasaron máis de catro meses compartindo casa coa familia ribadense acolledora. As pequenas e pequenos foron escolarizados no Ceip Gregorio Sanz e na Escola Infantil de Ribadeo, centros aos que acudiron ata o remate do curso pasado.

Hai unhas semanas que esta nova nai decidiu emprender o camiño de regreso ao seu país xunto a catro dos nenos. Os maiores quedaron en España coas familias coas que, antes da pandemia, compartían os veráns e o Nadal. Unha das nenas está en Ribadeo, onde tamén reside outra irmá desde o pasado mes de agosto, e un neno atópase en Palma de Mallorca.

A familia acolledora de Ribadeo quere agradecer “toda la ayuda y el apoyo recibido a lo largo de estos meses por parte de personas a título individual, de amigas y amigos, de instituciones, de establecimientos comerciales y hosteleros, así como de Acisa. Sin todos ellos habría sido muy difícil el acogimiento de esta familia ucraniana. Queremos dar las gracias a todas y cada una de las personas que se sumaron a esta causa”.

Exit mobile version