Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro, presente no III Encontro Profesional de Música Galicia-Portugal

Viveiro, 1 de outubro de 2022. A concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, participou en Tui no III Encontro Profesional de Música Galicia-Portugal MUMI (Musicas no Miño).

O MUMI é un encontro que convocou a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués, co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para o sector.

A feira reuniu a artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

“Agradecer ao MUMI a invitación e a súa aposta por profesionalizar o sector, foi unha experiencia moi enriquecedora, nun espazo que serviu para poñer en valor o poder transformador da cultura e a necesidade de tecer redes interculturais entre países”, asegura Fernández-Noriega.

No MUMI tratáronse temas como o financiamento público e as relacións entre axentes culturais e as administracións. Institucións dos dous territorios comprometéronse a traballar para consolidar un mercado con un gran potencial de intercambios económicos, sociais e culturais.

Exit mobile version