Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acollerá a presentación da Mesa Social de Infancia e Familia de Mondoñedo-Ferrol

Mondoñedo-Ferrol, 10 de outubro de 2022. A Diocese de Mondoñedo-Ferrol presentará oficialmente aos medios de comunicación e ás personalidades convidadas a Mesa Social de Infancia e Familia, así como os seus principais obxectivos e as entidades que a conforman.

A Mesa Social de Infancia e Familia configúrase como un espazo de reflexión e traballo constituido polas entidades sociais da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, co obxecto principal de sumar esforzos no ámbito da formación, do traballo en rede, da sensibilización e da comunicación, acompañando aos nenos e nenas, adolescentes e ás súas familias.

O acto terá lugar o xoves 13 de outubro, ás 11:00 horas, na sede das relixiosas Esclavas de la Inmaculada Niña de Viveiro (Rúa Vicente Cociña, 1, 27850, Viveiro, Lugo), e contará cos seguintes intervintes: Mons. Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol; Jesús Iglesias, director do Centro de Día de Menores “San Aníbal” de Burela (Lugo); Valentín Calvín, director do Centro Social “María Inmaculada” de O Barqueiro (Mañón, A Coruña); Dolores Fernández, relixiosa da Inmaculada Niña de Viveiro; e Marta Pazo, secretaria xeral de Cáritas Mondoñedo-Ferrol.

Para o sábado 15 de outubro está programada unha xornada formativa sobre a posta en marcha desta iniciativa, nas instalacións do Hotel “Val do Naseiro” de Viveiro, entre as 10:00 e as 15:00 horas. A programación inclúe a presentación das entidades fundadoras (Hermanas Apostólicas de Cristo Crucificado de O Barqueiro; Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol; Esclavas de la Inmaculada Niña de Viveiro; e as Hijas del Divino Celo-Rogacionistas de Burela); a política marco de protección e actuación en casos de abusos sexuais a menores e adultos vulnerables; a Comisión Diocesana PROTEGE; e a nova Lei de Protección da Infancia (LOPIVI). A xornada rematará cunha eucaristía presidida polo bispo da diocese na igrexa de San Pedro de Viveiro e un xantar.

Para máis información e inscricións: 676 717 941- comunicacion.cdmondonedo@caritas.e

Exit mobile version