As actividades desenvolvidas no Centro de Atención a Persoas Maiores consistiron na realización de obradoiros de maquillaxe e de manualidades e na posterior decoración da residencia coa axuda dos usuarios da mesma. No Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, levouse a cabo un teatro de sombras, no que se representou o conto Corre, corre, cabaciña, unha actividade con puzzles e, para rematar, tamén se decorou a instalación.
Esta xornada realizada nas residencias ribadenses, coa axuda dos equipos multidisciplinares dos centros, foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas contribuíndo a que os usuarios se sentiran útiles, aprenderan cousas novas e pasaran unha xornada inesquecible.