Un total de 30 familias asistiron este xoves no espazo do Apego de Ribadeo (situado no 1º andar da casa do Viejo Pancho) á proposta teatral para bebés de 1 a 4 anos que, ao abeiro do Xacobeo, acolleu a Área de Cultura do Concello de Ribadeo.
redac
O público distribuíuse en dúas quendas de media hora cada unha para ver a función Zapatos, da compañía Caramuxo Teatro, especializada en público infantil.