Viveiro, 18 de outubro, 2022. O pasado domingo día 16 celebrouse na cidade de Pontevedra o Campionato Galego Master de Media Maratón, nun día chuvioso pero con moita participación de atletas representando á maioría de equipos galegos. O club viveirense participou con dous atletas que acadaron uns magníficos resultados na categoría de M70, proclamándose Domingo Álvarez campión galego e o seu compañeiro Eliseo López, terceiro clasificado. A Eliseo pasoulle factura o campionato galego de maratón que correu hai 15 días na Coruña, no que se proclamou campeón galego na categoría de M70.
A próxima proba na que haberá participación de atletas do C.D.Egovarros será o proximo domingo no campionato galego de 10 km en ruta que se celebrará no concello de Ames.