O 17 de outubro de 10:30 a 11:30 terá lugar un curso sobre o DNI electrónico. O 20 de outubro a Ciberseguridade e a protección na internet protagonizarán a xornada de 11 a 13 horas. E o 24 de outubro o curso versará sobre trámites online sen certificado dixital de 10:30 a 11:30 horas.
Estes cursos permitirán acadar conceptos relacionados cos trámites dixitais coas distintas administracións, e tamén aprender a como protexerte na internet e non caer nas trampas.
Os cursos son de balde e para tódolos públicos. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a cemit.ribadeo@xunta.gal