A tarde desde xoves 20 de outubro, dende as 20.30 horas, a Sala Multiusos do Concello acolle a presentación do libro “Las capas de una cebolla” de Fernanda Arrojo, unha obra que aborda a interseccionalidade de xénero e discapacidade física.
A escritora, veciña de Viveiro e con diversidade funcional, trata no seu libro sobre dous temas fundamentais: a inclusión das persoas e especialmente das mulleres con diversidade funcional, un doble reto nunha sociedade aínda con demasiadas carencias neste eido.
Fernanda Arrojo abordará en primeira persoa estas necesidades co obxectivo de dar voz e sensibilizar sobre aspectos clave da diversidade funcional.