Site icon Crónica3.com A Mariña

Sandra Rodil, de Riotorto, realiza prácticas en Italia

Sandra Acebras, de Riotorto, alumna do Ciclo Medio de Cociña na súa modalidade de adultos no IES de Foz, realiza un mes de prácticas no restaurante “Al Becco della Civetta” en Castelmezzano, Potenza, rexión de Basilicata. Durante este tempo está baixo a batuta de María Antonietta Santoro, reputada chef italiana con dous restaurantes en propiedade na rexión. Sandra é a propietaria dun restaurante en Riotorto, Casa Rodil, e aproveita esta experiencia para mellorar a carta do seu local e especializarse en cociña italiana, especialmente na elaboración de pizza, que xa forma parte da súa oferta gastronómica. Sen dúbida, unha experiencia moi boa que sempre é enriquecedora para o alumnado do IES de Foz.

Exit mobile version