O venres 7 terá lugar o SanroDance 2022 a partir das 23:00 horas no Pavillón da parroquia, que contará coa participación dos DJs Marcos Peón e David Expósito, ademais da Disco Móbil Conxuro
Cervo, 1 de outubro de 2022. A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 7 ao 12 de outubro.
Os diferentes actos previstos foron presentados polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.
O programa arrinca o venres 7 co SanroDance 2022, que terá lugar a partir das 23:00 horas no Pavillón de San Román e que contará coa participación dos DJs Marcos Peón (Hermo) e David Expósito (Radio Líder) ademais da Disco Móbil Conxuro.
O sábado 8 a verbena estará protagonizada polas orquestras Garibaldi e Charleston Big Band.
Xa o domingo 9, ás 13:15 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo na honra á Virxe do Carme; a continuación a sesión vermú estará protagonizada polo Dúo Estrellas.
Os actos rematarán o día 12, cunha misa solemne na honra á Virxe do Pilar, seguida de sesión vermú co Dúo Epo-k.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas xornadas festivas na parroquia de San Román.