Site icon Crónica3.com A Mariña

@s residentes do Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ribadeo contan cunha nova actividade de musicoterapia

Ribadeo, 5 de outubro de 2022. As e os residentes do Centro de Atención ás Persoas Maiores, de Ribadeo, contan desde onte cunha nova actividade. Trátase de musicoterapia.

Terá lugar unha vez á semana. Polo momento está deseñada de xeito que unha semana a sesión estará dirixida ás persoas dependentes e á seguinte desenvolverase coas persoas máis autónomas.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, sinalou que “o obxectivo de todas as accións que se están a organizar na nova residencia de Ribadeo pretenden que as persoas residentes estean activas e entretidas, sobre todo as dependentes, que son as que menos poden saír ao exterior debido ás súas circunstancias persoais. Están pensadas e deseñadas para todas e todos”.

A edil ribadense lembrou que “no CAM xa houbo magostos, churrascadas, teatro, actuacións musicais e nesa liña seguiremos”.

Exit mobile version