A xornada consistiu nunha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.
Os pequenos amosáronse moi atentos durante a presentación, seguindo os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho de Burela, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.
No acto participaron uns 60 alumnos de primeiro e segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron un regalo en forma de mandil e gorro de chef cos que prometeron que axudarán a cociñar moito peixe nas súas casas.
Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no su plan de produción e comercialización, en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.