Ribadeo, 28 de outubro de 2022. Rematou a estadía de traballo realizada á Mariña por dous profesores turcos, que participaron nunha mobilidade Erasmus + coa Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.
Desde o 19 ao 26 de outubro visitaron centros de ensino de Galicia e Asturias e tamén empresas. Pasaron por Otelec, que no polígono industrial de San Cosme de Barreiros; e realizaron tamén unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional de Avilés, ao CIFP As Mercedes, de Lugo, ao IES As Mariñas, de Betanzos, e ao IES Lois Peña Novo, de Vilalba. Tanto na cidade asturiana como na provincia da Coruña tamén se achegaron a empresas vinculadas á automoción. Estes profesores estiveron en Astilleros Gondán, en Hermanos Rega e en Hijos de Ramón Rubal, entre outras firmas. Durante a súa estadía coñeceron algúns dos atractivos turísticos da comarca da Mariña como o Faro da Illa Pancha, en Ribadeo, ou Finca Galea, en Alfoz.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, fai un balance moi positivo desta mobilidade: “foi unha axenda intensa de actividades a que se desenvolveu ao longo destes días cos profesores deste centro de ensino turco, co que levamos traballando moitos. Somos socios desde hai anos e estamos encantados coas experiencias formativas vividas e compartidas”.