Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron as obras no alumeado público de Santo Albites e a mellora en varios camiños municipais de Viveiro

Viveiro, 21 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro informa do remate das obras que se realizaron no alumeado público de Santo Albites e das actuacións de mellora en diversos camiños municipais. Ambas actuacións se recepcionaron esta semana.

A mellora no alumeado público beneficiará a practicamente toda a zona de Santo Albites. O orzamento de contrata desta actuación ascendeu a 92.755,80 € (IVE incluído) e inclúese na subvención do Fondo de Compensación Ambiental.

Esta obra implica un importante reforzo e mellora da eficiencia enerxética desta zona, co súa conseguinte mellora lumínica e aforro enerxético.

Tamén remataron as obras de mellora de varios viais de Covas e Vieiro, incluídas dentro da subvención do Agader. Trátase en concreto da pista da Pedreira e da pista Pedreira-Foro, na parroquia de Covas, e das pistas Chousa Vella e da Cova, en Vieiro.

As obras que se realizaron nestes camiños consistiron na mellora do firme existente, ademais da limpeza de cunetas, obras de barrido e limpeza previos do vial, sinalización, etc. O orzamento total ascendeu a 84.502,62 euros.

Exit mobile version