O proxecto de colaboración RELEVO 2 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia
Durante este ano 2022, a iniciativa puxo en marcha e levou a cabo as seguintes actuacións en centros educativos de secundaria e formación profesional:
-Formación de cara a coñecer as oportunidades do sector pesqueiro,
-Visitas a empresas nos diferentes territorios GALP para que o alumnado sexa coñecedor de primeira man dos recursos e oportunidades que ten na súa zona xeográfica,
-Elaboración dun manual de boas prácticas de cara a recoller a información principal sobre titulacións, saídas profesionais e centros de ensino en relación ao sector do mar e tamén proxectos de éxito levados a cabo nos diferentes territorios
-Deuse a oportunidade a un número determinado de alumnos de poder embarcar en buques de pesca e/ou náutica recreativa, a modo de prácticas, para vivir e experimentar en primeira persoa o día a día das xentes e dos profesionais que viven do sector do mar.
Os resultados do proxecto serán presentados no acto de clausura pero, como adianto, podemos dicir, que participaron máis de 50 institutos dos seis territorios promotores e máis de 2100 alumnos, ademáis de que foron executadas todas as actuacións previstas en todos os territorios.
ACTO FINAL
Terá lugar o vindeiro venres día 14 de outubro en horario de 10.30h a 13h no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela (consultar programa que se xunta con esta nota).
Nel haberá una mesa de benvida con representantes do GALP coordinador, unha mesa de experiencias na que docentes e alumnado contarán en primeira persoa a súa vivencia no proxecto así como unha mesa redonda na que se expoñerá a actualidade do relevo xeracional e a relación dos máis xóvenes co sector do mar.