A actividade forma parte da programación municipal polo Día Internacional das Persoas Maiores
A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e están inscritas preto de 200 persoas. Inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.
O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo puxo en marcha este mes polo Día Internacional das Persoas Maiores o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.
O programa ‘Reconécta-te’ incluíu clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física.