No último ano, e segundo nos informan os veciños téñense producido outras saídas de vía, e moitos sustos debido ao estreito da calzada.
A pavimentación da mesma provoca unha desnivel importante entre a calzada e a cuneta, e o trazado non conta con biondas de protección para as posibles saídas de vía.
Rogamos ao equipo de goberno, que tome as medidas de seguridade necesarias na citada vía a fin de evitar novos accidentes.