Prado asegurou estar segura de que “o próximo 28 de maio nos ides dar unha alegría enorme facendo que Viveiro volva a ser azul” porque “o PP é a única alternativa seria ao desgoberno socialista”
Viveiro, 8 de outubro, 2022. A secretaria xeral do PPdeG trasladou á militancia de Viveiro a importancia de ter “un partido forte e unido como o que hoxe vexo aquí”, porque “iso é o que demanda a xente do noso partido e o motivo polo que depositan en nós a súa confianza nas eleccións”.
Puxo en valor a combinación de xuventude e experiencia do equipo liderado por Óscar Rodríguez: “Mentres a esquerda pretende monopolizar determinados sectores, nós somos un partido que representa a todo o mundo e por iso o somos o partido que máis se parece a Galicia”.
Prado asegurou estar segura de que “o próximo 28 de maio nos ides dar unha alegría enorme facendo que Viveiro volva a ser azul” porque “o PP é a única alternativa seria ao desgoberno socialista”
Óscar Rodríguez fixo unha apelación a “estar máis unidos que nunca para facer posible un gran cambio” e animou a todos a “traballar intensamente durante os próximos meses centrándonos única e exclusivamente en recuperar Viveiro”.
“Temos que frear a perda de servizos que está sufrindo Viveiro desde hai 20 anos”, asegurou o presidente local ao tempo que reivindicaba que “practicamente todo o que se fixo en Viveiro é resultado da herdanza recibida das dúas décadas de goberno do Partido Popular”.
No acto interveu tamén o deputado autonómico José Manuel Balseiro e na mesma liña subliñou que “o goberno socialista de Viveiro leva 20 anos vivindo de rendas.
Balseiro reivindicou a importancia de “ter un partido ben engraxado” porque “as eleccións só se gañan cando detrás do candidato hai un partido forte e unido”.