A Mariña, 21de outubro de 2021. No día de hoxe veñen de reunirse a Plataforma Sanitaria da Mariña e os comités de empresa de Alcoa e empresas auxiliares para solicitar o seu apoio coa proposición de lei por iniciativa lexislativa popular de medidas urgentes para recuperar e fortalecer a atención primaria.
Está ILP está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo do que formamos parte e é fundamental para recuperar Atención Primaria do abismo no que está sumida tras trece anos de recortes por parte do goberno da Xunta. Contempla medidas tan importantes como a dotación de persoal en todas categorías, a incorporación de novas categorías profesionais como psicólog@s clínic@s podólog@s, terapeutas ocupacionais, garantir a presencialidad,axeitar as axendas de maneira que o número máximo de pacientes a ver sexa aproximadamente 30 ou recuperar a xestión de primaria. Desde a Plataforma Sanitaria agradecemos a Alcoa e ás empresas auxiliares a boa acollida o enorme apoio que nos prestaron.
A coordinadora do colectivo sanitario, Montse Porteiro, fixo entrega ao presidente do comité de empresa de Alcoa dos pregos para a recollida de sinaturas.