O Valadouro, 20 de outubro, 2022. Este domingo 23 de outubro ás 19.00, a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro presenta unha nova actuación pertencente ao programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito. Nesta cita trátase dun obradoiro creativo de maxia denominado A Igualdade non ten truco a cargo da parella de magos formada por Carlos Tomico e Sara Rodríguez.
Na historia da maxia houbo importantes magas que marcaron o camiño para moitísimas nenas e nenos. Neste obradoiro de maxia para toda a familia aprenderemos sorprendentes trucos de maxia sinxelos de realizar e incribles historias de mulleres ilusionistas, antigas e actuais, que nos farán reflectir sobre a importancia da igualdade de xénero nas artes e na sociedade.
Esta convocatoria desenvolverase no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira de Valadouro.