Site icon Crónica3.com A Mariña

O viveirense Ánxel Vizoso López, gañador do Volante Deputación, prepara a participación do Rally San Froilán

Efrén Castro visita o circuíto da Pastoriza, onde o gañador do Volante Deputación prepara a súa participación no Rally San Froilán.

Lugo, 2 de outubro de 2022. O viveirense Ánxel Vizoso López prepara no circuíto da Pastoriza a súa participación no Rally San Froilán, como gañador do Volante Deputación. O programa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece ao vencedor a posibilidade de iniciarse na competición automobilística, ofrecéndolle unha formación específica en condución deportiva e un coche de competición para corre o rally lucense.

O deputado de Deportes Efrén Castro achegouse este domingo ata as instalacións para desexar sorte ao mozo viveirense, que poderá seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos próximos días, no propio circuíto e nos treitos do rally, que se celebrará do 14 ao 16 de outubro. Nas sesión de preparación na Pastoriza están a participar tamén Pablo Núñez Fernández e Jesús Amor Vidal, segundo e terceiro clasificado no Volante Deputación.

Exit mobile version