Site icon Crónica3.com A Mariña

“O PP só se acorda das parroquias cando está na oposición”, afirman dende o goberno local focense

Foz, 17 de outubro de 2022. O edil do goberno municipal de Foz Javier Fraga responde ás críticas do Partido Popular sobre o camiño da Veiga de Pardiñas e explica que “o alcalde preguntoulle ao concelleiro Antonio Hermida, do PP, no pleno de setembro se o camiño en cuestión era de servidume ou inventariado e de titularidade municipal. A pesar de tratarse dun vial que incluíu no inventario municipal o goberno local do PP e ao que non lle tocaron en 8 anos de mandato non soubo que responder; está ben que agora, aínda que sexa tarde, faga os seus deberes”.

Javier Fraga engade que o actual goberno municipal de Foz “está investindo máis que nunca nas parroquias, en viais non só con fondos propios senón tamén co Plan Único da Deputación ou co Agader. En dúas ocasións un equipo de maquinaria de rego asfáltico da Deputación acondicionou camiños por un valor estimado de máis de 200.000 euros e seguimos. Non pretenderá o Partido Popular que arranxemos de inmediato a falta de investimento dos 8 anos que estiveron gobernando. O que tampouco vamos practicar é a descualificación persoal, como está a facer de forma continua o señor Hermida co alcalde, que é de todos. Os datos están aí: por primeira vez usáronse baixas das obras do Plan Único para facer novos investimentos, cando na época do PP simplemente non existían. Imos continuar traballando por mellorar o noso pobo, aínda que lle pese ao señor Hermida”.

Exit mobile version