Os veciños da localidade teñen a opción de ir a vacinarse ao centro de saúde, ao PAC de referencia en Ribadeo e aínda se non estiveran en condicións de acudir a estes centros por motivos sanitarios, terían como opción a vacinación a domicilio
Trabada, 21 de outubro de 2022. No pasado pleno do concello de Trabada a alcaldesa, Mayra García, presentou unha moción na que solicitou á Xunta de Galicia a vacinación de maiores de 80 anos no propio centro de saúde de Trabada ou no PAC de referencia. O PP de Trabada abstívose nesta liña, pois “non podemos instar á Xunta a facer algo que xa estan facendo” di o voceiro dos populares, José María Fernández, que calificou de “oportunista e electoralista” esta moción.
Para Fernández, “a alcaldesa quere enganar aos veciños e equere como sempre poñer trabas”. A Xunta de Galicia desde o primeiro momento vacinou nos centros de vacinación masiva e citou a os maiores de 80 anos. A pesar disto, se unha persoa non puidera acudir ao centro de saúde teñen como opción a posibilidade de ser vacinados no PAC de referencia en Ribadeo “no que están vacinando a unhas 90 persoas ao día”. E aínda así, se non puideran movilizarse por enfermidade ou por calquera outro tipo de cuestións, terían a opción de recibir a vacina no propio domicilio.
Desde o grupo municipal popular “queremos criticar o descoñecemento que esta alcaldesa ten da realidade dos veciños de Trabada”. José María Fernández engade que “esta alcaldesa é unha mentirosa e unha auténtica descoñecedora do que acontece no municipio, o único que sabe facer é criticar o traballo da Xunta e intentar deixar en evidencia ao noso grupo municipal”.
Neste sentido, o voceiro destaca que “isto é unha mentira absoluta, a Xunta de Galicia ten un compromiso co noso municipio e ela sabe máis da realidade dos veciños de Lugo ou Foz que é onde se move, que de Trabada, pois nin se quera vive aquí e é do saber popular que está farta”.