Os populares lembran que foi un goberno do PP o que construíu as instalacións
Os populares atribúen a carencia de depuración das augas residuais “á falta de planificación e o abandono das responsabilidades do equipo de goberno”, presidido polo socialista Primitivo Iglesias. Lembran que estas instalacións foron construídas “por un goberno do Partido Popular”.
O feito de que as instalacións leven tanto tempo fóra de uso pode supoñer, indican no PP, un grave deterioro non só das instalacións relacionadas directamente coa depuración das augas residuais, senón tamén do resto, incluídos os locais das oficinas.