No PP din a Tomé que non foi boa idea, nin para el nin para a provincia, que asumira tantas responsabilidades, “porque como di o refrán o que moito abarca pouco aperta”
O portavoz popular sinala: “No grupo provincial quedamos abraiados polo que escoitabamos; o señor Tomé, mediante decreto do 24 de xullo do 2019, no que se repartiron as áreas, asumiu a xestión territorial; pois ese mesmo Tomé afirmou onte que agora xa non o é. Para cortar as cintas de obras si o é, par sacar as fotos si o é, para saír nos periódicos, si o é; para escoitar as críticas e patear as estradas, non o é”.
Castiñeira declara: “O peor que escoitamos onte non foron as pifias de Tomé; o peor foi ver aos seus compañeiros xustificar que o presidente asumira as competencias en Vías e Obras, que é a máis complexa de todas as áreas, sen recoñecer que o único motivo para facelo é a falta de confianza neles mesmos, supoñemos que para que non pasara o que pasou co señor Martínez en mandatos pasados. Non foi boa idea, lle dixemos, nin para vostede nin para a provincia que asumira tantas responsabilidades, porque como di o refrán o que moito abarca pouco aperta”.