Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mariñán Cristóbal Rodríguez Dirixe a selección Nacional de Pentatlón Moderno nos Xogos Promesas Olímpicas

A Mariña, 21 de outubro, 2022. O Internacional Mariñán Cristóbal Rodríguez Fidalgo, atópense xa en SPALA (Polonia) como responsable da Selección Española de Pentatlón Moderno que compite nos Xogos de promesas Olímpicas.

Ademais de coordinar ao Equipo, no cal se atopan dúas galegas e dous cataláns, sera tamén o encargado de montar as substitucións mixtas, misión encomendada pola dirección Técnica da Federación da man de Pedro Pérez, e ao mesmo tempo representar a España na reunión técnica previa á competición.

Rodríguez ten na súa etapa como deportista de Elite entre Pentatlón Moderno e Esgrima a friolenta cifra dunhas cen internacionalidades.

Está a ser un dos adestradores máis activos da nova xeración, de feito converteuse en consultor externo de diferentes Federacións e asociacións Internacionais. Destacando a vantaxe de ser Políglota e cun carácter aberto e conciliador, a maiores da súa enorme experiencia como deportista e formación como técnico, o que fai del que sexa un dos técnicos máis valorados do momento internacionalmente, non en van levou a todo o máis alto do podio á delegación de Cidade de México nos Campionatos Nacionais de Mozos, e axudou a preparar en esgrima á mexicana Mariana Arceo para os xogos de Tokio.

Exit mobile version