Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este sábado na inauguración da Festa da Faba de Lourenzá, cita de interese turístico de Galicia que alcanza a súa trixésima edición

Arias destacou o apoio da Xunta a este produto a través do impulso á Indicación Xeográfica Protexida (IXP), á que están asociados preto de 40 produtores. Neste sentido, explicou que a Consellería do Medio Rural destinou á IXP 45.850 euros nos dous últimos anos para gastos de funcionamento e promoción. Ademais, lembrou que a Consellería convoca anualmente axudas para fomentar a incorporación de novos membros aos réximes de calidade, e animou aos agricultores da zona a sumarse porque “este indicativo outorga prestixio á faba que cultivan e facilita a súa comercialización”.

Exit mobile version