Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro remata unha nova campaña de control da gaivota patiamarela atendendo 136 reclamacións da veciñanza

Viveiro, 22 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro prestou por cuarto ano consecutivo o Servizo de Control da gaivota patiamarela no municipio, que tivo lugar entre os meses de maio e de agosto, coincidindo coa tempada de cría.

Este servizo foi realizado por unha empresa especializada que conta cos pertinentes permisos da Xunta de Galicia para o control poboacional da gaivota, para a retirada de niños, ovos e polos e a posterior xestións dos mesmos, cumprindo sempre as pautas que marca a Lei de Benestar Animal para este tipo de actuacións.

O informe elaborado actualiza os datos da poboación de gaivota patiamarela asentada no pobo con rexistros que suliñan que xa que se está a consolidar a baixada no número de parellas con respecto a tempada pasada, pois o éxito reproductor da tempada 2022 foi do 1,94 %. A estima de parellas nidificantes no 2019 foi de 186 e no ano 2022 de 155, polo que se pode observar un decrecemento no período dende que se iniciou este servizo.

Grazas á gran colaboración prestada por parte dos veciños e veciñas de Viveiro, conseguiuse realizar un servizo efectivo atendendo un total de 134 reclamacións causadas por gaivotas e 2 reclamacións de cidadáns causadas por pombas, facendo un total de 136 reclamacións atendidas.

Nesta ocasión, ademais, non só se atendeu as peticións dos veciños e veciñas, tamén se realizaron o máximo de visitas posíbeis dacordo ás listas de anos anteriores co fin de facer un mellor seguimento.

Do total das 134 (98,5 %) reclamacións causadas polas gaivotas, foi necesario realizar 261 visitas de actuación debidas a nidificación nos tellados e a caída de polos en patios interiores, rúa, etc… A cifra total de localizacións foi de 313 niños. Dun total de 134 reclamacións por gaivotas, encóntranse resoltas 131 (97,7%).

En resumo, os datos deste servizo no ano 2022 reflicten que se realizaron 134 visitas noutros tantos inmobles afectados con 274 tellados recorridos. Se atoparon 315 niños de gaivotas dos que se retiraron 313 (o 99,3% dos niños atopados) e a cifra de ovos en cada niño foi de 522 (1,66 ovos por niño retirado).

Ademais, se atoparon 53 polos de gaivota nestes niños, cunha media de 0,16 polos por niño retirado, cando a media dos que chegan a idade madura é de 2. Este dato demostra que o nacemento de polos foi mínimo grazas ao comezo do servizo nas datas recomendadas.
O resultado deste informe é claro sobre as vantaxes desde servizo de carácter gratuito por parte do Concello do Viveiro.

De cara á vindeira tempada, a recomendación do Servizo de Control da gaivota patiamarela é adiantar o período de traballo de campo de retirada de niños, postas e captura de adultos na semana do 1 de maio de 2023 para así impedir o nacemento dos polos, co cal minimizará ainda máis os problemas dos afectados.

Exit mobile version