Para levar a cabo a inscripción precísase dun certificado electrónico, da clave pin ou achegarse ás Oficinas de Correos autorizadas. A mocidade interesada pode contactar ca Oficina Municipal de Información Xuvenil de Viveiro para iniciar a tramitación ou recibir asesoramento para facelo.
O bono cultural pode solicitarse na modalidade de tarxeta on line ou física, e ten un ano de duración dende a súa emisión.
A cuantía é de 200 euros para patrimonio cultural e artes en vivo (concertos, entradas a cines, museos, espectáculos teatrais, musicais, etc.); de 100 euros para productos culturais en soporte físico (libros, discos, revistas ou videoxogos, por exemplo) e de 100 euros para consumo dixital o en liña (coma suscricións a plataformas dixitais de música, cine, audiolibros, podcasts ou publicacións periódicas).