Viveiro, 4 de outubro de 2022. O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou hoxe, día 4 de outubro de 2022, a resolución do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
Este programa ten por obxecto o fomento da mellora da accesibilidade ás vivendas e dentro das propias vivendas, tanto no medio urbano como rural, en:
•Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva, intervindo tanto nos seus elementos comúns como no interior de cada vivenda.
•Vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.
•Vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva
A contía máxima das axudas non poderá superar o 60 % do custe, esta porcentaxe poderá acadar o 80 % se na vivenda ou no edificio reside unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.; cos seguintes límites:
– Vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila: 12.500 euros por vivenda con carácter xeral.
– Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva: 9.000 euros por vivenda.
– Obras no interior de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva: 6,000 euros por vivenda.
En todos os casos a axuda pode incrementase ata 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa con discapacidade e ata 18.000 euros por vivenda se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.
Son actuacións subvencionables entre outras: a instalación de ascensores, salvaescaleiras ou ramplas; a instalación ou dotación de produtos de apoio, a instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos; a instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapaci; asi como calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (ampliación de espazos de circulación, mellora das condicións de accesibilidade en baños e cociñas…)
O prazo de solicitude remata o día 7 de novembro de 2022. Para máis información e/ou tramitar as solicitudes da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982 562968.