O Concello manterá todo o mes a recollida de sinaturas na entrada da casa consistorial
Viveiro, 7 de outubro de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, entregaron hoxe na cofradía de pescadores Santiago Apóstol de Celeiro máis de 130 sinaturas dos veciños e veciñas de apoio á flota de fondo.
O concello quere manifestar unha vez máis o seu total apoio ao Porto de Celeiro e pide aos veciños e veciñas que asinen o ‘Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas’.
“Viveiro é sinónimo de pesca, así como outros concellos da Mariña. Todos debemos estar xuntos na defensa do sector”, afirma a alcaldesa.
O Concello manterá todo o mes a recollida de sinaturas na entrada da casa consistorial en apoio á flota de fondo.