Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro asina un convenio con Aspanane cunha achega de 15.000 euros para as actividades da asociación

Viveiro, 4 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro asinou un convenio de colaboración con Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro), a través do cal achega 15.000 euros para as súas actividades.

Na sinatura do convenio participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Muller e Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a presidenta de Aspanane, María Dolores Fernández Perez, e Sonia Corral, directora en funcións de Aspanane.

“O compromiso do Concello de Viveiro coa directiva e a xerencia de Aspanane é absoluto, polo gran traballo que realizan e o seu esforzo diario”, sostén María Loureiro.

Este convenio únese a outras actuacións recentes, como a sinatura dun convenio de colaboración para a pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional de Aspanane.

Estas obras teñen un orzamento de preto de 50.000 euros, dos que a Deputación achega 44.242 euros, correspondendo o resto ao concello.

Exit mobile version