No mesmo, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, felicitou ao todos os axentes que recibiron unha distinción e destacou “a excelente relación existente entre o concello e a Policía Nacional, baseada na cordialidade e na colaboración mutua, traballando sempre en beneficio dos nosos veciños e veciñas”.
“Víveiro é afortunadamente un municipio cun baixo nivel de delincuencia, grazas á labor diaria das forzas e corpos de seguridade, e a colaboración entre eles”, engadiu.
“Sen dúbida merecen que a sociedade dedique un día a ano a recoñecer o seu traballo, do que somos testemuñas a diario”, rematou.