A concelleira de Igualdade, Monica Freire, explica que “é moi habitual que estes duelos sexan invisibilizados pola sociedade, pero para as familias que sofren unha perda tan importante, é unha experiencia moi dolorosa. Con este xesto queremos concienciar sobre a morte e o duelo xestacional, perinatal e neonatal, contribuíndo a reducir o tabú social que, moitas veces, provoca que as familias non reciban o apoio adecuado e vivan o duelo en silencio”.