Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo organiza unha andaina con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama o vindeiro mércores, 19 de outubro

O punto de encontro será ás 17:30 horas no peirao de San Cibrao

Cervo, 16 de outubro, 2022. O Concello de Cervo organiza, un ano máis, unha andaina con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, tal e como informa a edil de Sanidade, Mali Méndez.

O punto de encontro será no Peirao de San Cibrao ás 17:30 horas, e despois da camiñata está prevista unha actividade de “zumba Sentao” no parque Reina Sofía, se as condicións meteorolóxicas o permiten, do contrario será trasladada á sala de actividades múltiples da Casa do Mar.

Méndez tamén informou que os diferentes edificios públicos municipais se iluminarán de rosa, cor que simboliza a loita contra esta enfermidade.

Desde o Concello de Cervo animan a toda a veciñanza a sumarse ás diferentes actividades previstas, na medida do posible con indumentaria de cor rosa, “prendas que se entregaron nas andainas que celebramos en edicións anteriores” para facer entre todos unha marea rosa solidaria “e aportar desde Cervo o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre esta enfermidade que afecta a tantas mulleres”.

Exit mobile version