A Administración local vén de dar o paso de incorporar esta parcela como ben municipal por un importe de 161. 175,40 euros
Deste hoxe mesmo, polo tanto, esta parcela situada en pleno centro de San Ciprián cuxa superficie total que é de 2.568 m² para a ser un ben municipal.
Tal e como declarou o rexedor, Alfonso Villares, “hoxe é un día importante para Cervo, porque conseguimos o obxectivo polo que levamos pelexando todos moitos anos”.
Con esta adquisición, o Concello de Cervo demostra con feitos -engadiu Villares- a súa firme aposta pola cultura e o patrimonio “porque entendemos que todo o ese inmenso legado patrimonial que agocha o Museo do Mar de San Ciprián, que atesoura o corazón da historia mariñeira da comarca, merece un espazo axeitado acorde á súa inmesa valía”.
Con este paso tan importante que demos hoxe seguimos nese obxectivo de dignificar toda esa herdanza mariñeira que merece ocupar un lugar privilexiado para a súa divulgación, “tamén por respecto aos nosos antepasados e a toda esa xente que contribuíu a engrandecer o fondo documental e histórico do Museo, o museo público do mar máis antigo de Galicia.