Fonda decepción coa intervención de Ana Miranda en Bruxelas na Comisión de pesca, calcada ao do PP e a do PSOE
O nacionalismo de esquerda segue o guión de Madrid na crise da pesca de fondo e fai seu os argumentos dos partidos do Estado, isto desprendese claramente da intervención da Eurodeputada Ana Miranda do Grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea, que practicamente foi a mesma que a dos Eurodeputados dos partidos de obediencia madrileña.
É certo que os argumentos son os mesmos e que a liña de acción conxunta neste senso é boa, mais o BNG perde unha opción real de defensa de Galicia e de acción propia Nacional: “O Comisario Virginijus Sinkevičius forma parte de Grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea, coñecendo como funciona Europa, a acción do BNG tiña que ir a facer presión no grupo, mais iso non o farán por intereses de Partido, coma sempre para o BNG está antes o BNG que o País” Dixo Piñeiro Docampo.
Unión de los Campesinos y Verdes Lituanos partido do Comisario é parte activa de Grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea ao igual que o BNG, polo que desde CxG solicitamos a Ana Miranda e ao BNG que pidan a dimisión formal do Comisario desde o seu Grupo Europeo, por certo do que é Vicepresidente o socio do BNG Oriol Junqueras de ERC.
“O BNG é moi dado a solicitar dimisións cando non son no seu grupo, Sinkevičius, fixo a maior agresión a un sector produtivo galego, e o BNG non actúa con firmeza podendo facelo, o resto son actos de galería” manifestou o Secretario Xeral de CxG.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral e membro do Consello do PDE