O primeiro certame de teatro organizado polo Concello de Barreiros e o colectivo cultural Ollomao e que conta co financiamento da área de Medio Rural da Deputación Provincial chega así ó seu ecuador. Segundo Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal “está sendo un certame no que o público asistente pode disfrutar de distintas modalidades de teatro, dende un bululú ata unha obra de teatro musical e representacións tanto cómicas como outras de intriga”.
Dende a organización animan a toda a veciñanza de Barreiros e dos arredores a achegarse a disfrutar das vindeiras obras deste primeiro certame de teatro amador e a ser partícipe coas súas votacións do premio do público que segundo Dani García “á xente estalle gustando ser xurado do premio do público coas súas votacións e estamos agradecidos pola acollida que está tendo o certame”.