Os “pícaros” gañan 3-5 aos andaluces
A segunda parte comezou cun CD Burela decidido a darlle a volta ao marcador canto antes. A presión dos laranxas foi constante, pero o Betis estivo ben organizado en defensa e atento a roubar o balón e saír ao contragolpe. Finalmente, David Pazos empatou a 2-2 no minuto 25 grazas a unha rápida transición. Segundos despois, Alberto tivo unha clara ocasión, estrelando o balón no pau; e uns segundos despois David Pazos conseguiu poñer por diante ao Burela FS aproveitando o xogo inferior do Betis.
Os andaluces non se desmoronaron e no minuto 29 Guido empataba a 3. O Burela FS tampouco se descompuxo e continuou co seu xogo combinado, que levou ao 3-4 grazas a un espectacular disparo afastado de Pazos que entrou pola escadra da portería do Betis. Nese momento, e cun gol en inferioridade, o Betis optou por xogar cun porteiro-xogador, pero o Burela FS conseguiu saír ben da presión con claras ocasións de Kaluza e Pazos para distanciarse no marcador. Xa na fase final do encontro, Isma logra o gol definitivo co que rematou o encontro.
Ficha técnica:
Real Betis Futsal “B”: Raúl, Mariano, Quelle, Pablo Muñoz, Gensujke, -cinco inicial- Cendán, Álvaro, Guido, Gonzalo, Jaime, Fletches, A. Carrión
CD Burela FS: Kaluza, Lucho, Eloy, david pazos, Pitero, -cinco inicial- Rikelme, Alberto, Nando, Isma, Antón Arnejo, Bruno, Nito
Goles: Min 1: Mariano 1-0; Min 11: Lucho 1-1; Min 18: Gonzalo 2-1; Min 25: D. Pazos 2-2; Min 26: D. Pazos 2-3; Min 29: Guido 3-3; Min 35: D. Pazos 3-4; Min 40: Isma 3-5;
Equipo arbitral: Almeida León e Santana Santana
Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Segunda Federación de Fútbol Sala Masculino disputado no pavillón Centro Deportivo Amate.