Irene Samper, Patricia e Dany convocadas con España; e Jenny preseleccionada con Portugal
Burela, 3 de outubro, 2022. Catro xogadoras do primeiro equipo -Irene Samper, Patricia, Dany e Jenny- foron convocadas hoxe por España e Portugal para participar coas súas Seleccións nos partidos preparatorios e oficiais para a Fase de Clasificación do Campionato Europeo 2023, que terá lugar na Cidade do Fútbol de Las Rozas, Portugal e Finlanda do 9 ao 23 de outubro.
Irene Samper, Patricia e Dany incorporaranse á concentración de España o próximo día 9; mentres que a xogadora lusa Yenny fará o propio un día máis tarde con Portugal como preseleccionada.
Para o club é un orgullo poder nutrir de xogadoras á máis alta categoría do fútbol sala feminino europeo, o que evidencia que temos un persoal de moita calidade. Agardamos que nosas tres xogadoras nacionais cultiven consigan os maiores triunfos nesta participación; mentres que a Jenny desexámoslle tamén moita sorte coa súa selección.