Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro insiste en reabrir o Matadoiro

Viveiro, 4 de outubro, 2022. Como sabemos, a última empresa que xestionou o Matadoiro Comarcal dende setembro de 2014 a maio de 2021, campou ás súas anchas nas intalacións municipais do matadoiro.

Non cumpliu nin unha soa cláusula do contrato, e fíxoo porque puido, claro está. Non tivo a ninguén do Equipo de Goberno, últimos responsables das concesións, exixindo documentación ou revisando que a explotación do matadoiro cumplise as cláusulas do contrato. Imcumpliu até tal punto, que nin pagou o canon anual establecido nin fixo as obras mellora obrigadas por contrato provocando o deterioro das instalacións municipais.

A día de hoxe, non nos foi presentado nin un só documento que xustifique que por parte do Concello de Viveiro se realizaran “labores de inspección de maneira continuada” tal e como se reflexa na cláusula 6.4. do contrato. Non existe nin un só informe.

En novembro de 2021 propúxose unha resolución para reclamar vía xudicial os 63.731,39€ que a empresa debe ao Concello de Viveiro e dende ese momento nada máis se soupo.

Un ano e 4 meses co matadoiro pechado. Un ano sen informar nen convocar unha soa reunión para tratar este tema. Polo que solicitamos :

. Se explique en que punto está o proceso xudicial para a recuperación dos 63.731,39 EUROS.

. Se informe por parte da alcaldía que teñen pensado facer con esta instalación, e cales son os motivos para non ter licitado este servizo e poder así ofrecer ao sector cárnico unha alternativa digna para desenvolver o seu traballo no concello de Viveiro.

Exit mobile version