Foz, 27 de outubro, 2022. A defensa do Medio Natural é sempre unha prioridade do BNG de Foz. O Carrizo ou Herba da Pampa (cortaderia selloana), tivo unha grande e rápida expansión comportandose coma unha especie invasora. Unha vez instalado o Carrizo da Pampa ten grande capacidade para sobrevivir, modifica o hábitat e resulta moi perigosa para a flora endémica, tratándose ademáis dunha especie implicada na incidencia e empeoramento de alerxias, e por riba enormemente pirófita que contribúe á propagación de incendios e coloniza doadamente os espazos queimados. Isto levou a que o Carrizo da Pampa este incluído no Catálogo de Especies Exóticas invasoras. A Conselleria de Medio Ambiente da prioridade a loita em ambitos especialmente vulnerables como as reservas da Biosfera ou areas de rede natura 2000. Mais sendo isto claramente necesario, temos que considerar que a loita contra as especies exóticas invasoras non se pode abordar de xeito efectivo sem considerar a conectividade dos ecosistemas e sen ter en conta os medios de dispersión e colonización destas especies. De xeito que zonas sem figuras de proteción sobre as que non se actua, serven de reservorio para a persistencia e futura colonización destas areas especialmente protexidas.
Foz non é alleo a esta problemática, e, vemos como esta planta invasora está a se espallar por zonas de alto valor ecolóxico e paisaxístico e está a incrementar a súa presenza en numerosos lugares do concello. Tanto protexidos como no esterio do Ouro, e na Espiñeira a carón da Ría de Foz como noutros sem essa figura como nas inmediacións do Polígono de Fazouro. Por non mencionar o imacto paisaxístico em bens patrimoniais en San Martiño a carón da Basílica ou a carón do Río Centiño como puidemos comprobar recentemente co Proxecto Ríos.
É por isto que o Bloque Nacionalista Galego de Foz propón Solicitar á Consellería de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda a provisión económica para as actuacións precisas para erradicar a cortaderia selloana