A Mariña, sábado 8 de outubro 2022. O BNG continúa co seu apoio á flota pesqueira mariñá diante do veto á pesca de fondo imposto pola Comisión Europea e que entra en vigor no diá de mañá. Despois de que este venres a portavoz nacional Ana Pontón mantivera reunións en Burela e Celeiro con Absa e Porto de Celeiro S.A e as respectivas OPP 7 e OPP77, para mostrar o apoio da organización ao sector a todos os niveis, políticos e institucionais, desde a formación nacionalista continúan coa campaña de apoio para visualizar o grave problema que se aveciña non só para o sector senón para toda a comarca.
En palabras do responsable comarcal Antonio Veiga, “A Mariña non pode aguantar xa mais impactos deste tipo, porque despois do acontecido nos dous últimos anos no sector industrial aquí, este novo golpe podería deixar á comarca totalmente contra as cordas”
Por eso, o BNG está colocando pancartas e cartelería por toda a comarca co obxectivo de mostrar o rexeitamento da Mariña a estas lesivas políticas emandadas da U.E pero ás que nin o Goberno do Estado nin a Xunta son capaces de opoñerse contundemente nin atopar solucións viables.
“Unión Europea, ruina da pesca galega” e “Galiza vive da pesca. Defendámola” son os lemas desta campaña que a militancia do BNG está desenvolvendo localidade a localidade e concello a concello