Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG aposta dende Lourenzá por un medio rural vivo

Desde a Festa da Faba en Lourenzá os nacionalistas avanzan as liñas estratéxicas para manter a producción de alimentos con niveis de renda dignos e asegurar a soberanía alimentar

A Mariña, domingo 3 de outubro 2022. Na mañá de hoxe, o deputado Xosé Luis Rivas “Mini”, e a deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo, Mónica Freire xunto tamén co parlamentario mariñao Daniel Castro, o responsable comarcal do Bng Antonio Veiga, representantes do Bng en Lourenzá co responsable local Anxo Fernández á cabeza participaron da Festa da Faba e mantiveron conversas con produtores e produtoras e co responsable da IXP Faba de Lourenzá e da cooperativa Terras da Mariña José Cuadrado.

Desde o Bng destacan o traballo desenvolvido polo sector da faba en Lourenzá e comarca, e inciden en que as políticas para o medio rural tenen que ser estratéxicas “porque son pezas fundamentais para manter a producción de alimentos e aseguran o maior grao posible de soberanía alimentar e serven para avanzar na garantía dunha alimentación saudable para a sociedade, ao mesmo tempo que son parte dun proxecto de ordenación do territorio necesario para o conxunto do noso país” manifestou Xosé Luis Rivas “Mini” que engadíu que o traballo ao longo destes anos dos produtores e produtoras, da cooperativa e de integrantes da IXP deu os seus frutos en moitos ámbitos, coma no cumprimento de obxectivos de desenvolvemento sostible, entre eles a creación de emprego, nunha comarca que leva unha década marcada pola constante sangría de perda de postos de traballo, agravada pola crise industrial e imprevisible futuro que lle agarda á pesca.

Niveis de renda dignos para a producción agraria

Para o Bng e no que ten a ver xa co Plano Estratéxico da PAC do período 2021-2027 é necesario tamén asegurar niveis de renda dignos á producción agraria e estabilizar os mercados dos produtos agrarios e equilibrar as relacións entre os axentes da cadea agroalimentaria, así como reducir os desequilibrios existentes na agricultura comunitaria posiblitando que as áreas perféricas coma Galiza poidan desenvolver a súa capacidade produtiva.

Exit mobile version