Site icon Crónica3.com A Mariña

Ningunha institución galega resposta ao defensor del pueblo, advirte Por Nuestro Faro

Ribadeo, 5 de outubro, 2022. E imposible para Xunta de Galicia, Portos e Concello de Ribadeo respostar a unha pregunta sinxela. Véxamos deseguido por que dicimos esto.

O día 2 de novembro de 2021 o Defensor del Pueblo dirixiuse á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para solicitar un informe sobre o Estudo de Impacto Ambiental (que esixe a lexislación vixente) respecto do proxecto de cafetería na Illa Pancha. Previamente, o Defensor solicitara a mesma información ao Concello de Ribadeo, que só respostara con evasivas porque, obviamente, non existía o devandito estudo.

O día 30 de marzo de 2022 o Defensor comunicou a « Por Nuestro Faro » que a Consellería de Medio Ambiente ainda non respostara ao seu requerimento. Esperamos ata mediados de agosto para dirixirnos de novo ao Defensor e saber cal era o estado da cuestión, e a primeiros de setembro a oficina do Defensor informounos de que ainda non recibira resposta da Xunta de Galicia, e de que lles ían remitir un novo requerimento.

En resumo, case un ano despois de que o Defensor solicitase unha resposta da Xunta de Galicía sobre un asunto tan sinxelo como é a existencia ou non dun Estudo de Impacto Ambiental sobre un proxecto que afecta a Rede Natura 2000, a consellería competente non se da por aludida.

Para quen non esteña ao tanto destes complexos trámites que semellan ser pura burocracia, o tema pode parecer baladí, pero en realidade hai unha connivencia política para levar adiante a privatización da Illa Pancha, aínda que sexa a costa de saltarse toda a normativa vixente tanto a nivel europeo como estatal ou autonómico. E neste silencio atopamos de novo ao Concello de Ribadeo, á Autoridade Portuaria, e agora á Xunta de Galicia, pese a que o Defensor ten insistido repetidamente en que os Estudos de Impacto Ambiental son preceptivos e deben ser condicionantes previos para a concesión de licenzas na Rede Natura 2000.

Pola nosa banda seguiremos loitando pola esixencia de que se cumplan todas as norma legáis nos proxectos da Illa Pancha, co obxectivo inicial de que se suspenda a privatización e se devolva aos ribadenses o seu dereito ao uso pleno -e sen nengún tipo de limitacións- do Faro e da Illa Pancha.

Exit mobile version